Nadela pertence a parroquía de San Xoán de Pena , a uns 7 km da capital (Lugo). É un importante nudo de comunicacións : C - 546 Nadela - Sarria , N- 6, autovía A - 6 saída / entrada 488.
http://www.pueblos-espana.org/galicia/lugo/nadela/mapa/
Entre os monumentos máis importantes temos a
igrexa románica de San Xoán de Pena.
E como espazo natural a
carballeira de Nadela que se utiliza como campo da feira na cal atópase o noso colexio.
Outros monumentos destacables son:
O cruceiro de Recimil
O lavadeiro de San Xoán de Pena restaurado
Onde comer ou durmir?
O establecemento mais representativo de Nadela é a Casa Grande.
Esto é o que se di dela na sua páxina oficial:
A Casa Grande de Nadela é unha centenaria casa de labranza restaurada
na que predomina a pedra e madeira como elementos principais da
construción. Conservando elementos orixinais como o pozo, o forno de
canteria e a pedra.
No que a instalacións se refire a casa dispón
de cafetaría, restaurante á carta, salóns para banquetes, comedor
privado (situado na lareira primitiva da casa) e hotel con 10 cuartos.
Todo iso rodeado dun extenso terreo axardinado e a 5 minutos de Lugo.
O
Restaurante conta con dous comedores con capacidade para 150 persoas,
un grande salón para 300 persoas e unha carpa na parte posterior do
terreo.
Todo o sabor da cociña tradicional combinado con tinguiduras modernas nun ambiente cálido directo.
Feira do entroido
Todos os anos polo entroido celébrase unha feira anual que ten moita fama na comarca. Nesta feira podemos mercar todo tipo de carne de porco, diversos productos do campo, así como variada repostería propia destas datas : filloas, orellas , roscas ...
Por suposto, despois de visitar os diferentes postos, podemos ir a unha caseta a comer unhas racións de polbo con patacas do país.
Aquí tedes os carteis da última feira , a do 2012. Esperamos que vos animedes a vir este ano.Cando teñamos o programa xa volos poñeremos neste blog.
