lunes, 28 de enero de 2013

Una amistad inolvidable

Hoxe imosvos recomendar unha película que acabamos de ver en alternatva: ``Una amistad inolvidable´´
Argumento
Trátase dunha película francesa do 2007 escrita e dirixida por Luc Jacquet.
A protagonista é unha nena e unha raposa que entablan unha grande amistade. Ademáis aparecen numerosos animais salvaxe: lobos, aguias, ras, furóns... todo elo nunha paisaxe de montaña, moi fermosa.
A nena conseguiu o seu obxetivo de facerse amiga da raposa, a  base de moita paciencia e intelixencia, conseguindo descubrir onde se agochaba ela e os seus cachorros.
Ao longo da película, vanlle sucedendo unha serie de aventuras: A persecución pola neve da raposa que lle produce a rotura dun pé, a salvación da súa amiga do ataque dos lobos, as correrías coa raposa polo monte...
Opinión
Nós pensamos que esta película é moi interesante porque nos conciencia da necesidade de protexer a todo tipo de animais. Tamén, nós debemos amar a natureza do mesmo modo ca protagonista.

    
         

Aquí vos queda a película.Espero que vos guste:http://gnula.biz/ver/una-amistad-inolvidable.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario