Ola, xa estamos aqui de volta de novo. Iremosvos contando cousas que faremos ao longo deste curso.
Unha nova compañeira Uxia, incorpórase a este labor. Asi que xa somos tres: Catuxa, Carlota e Uxia.
Os primeiros días deste curso na clase de alternativa estivemos vendo a película ``Los chicos del coro´´ da que vos imos falar un pouco.
Esta película trata duns nenos que están nun internado francés. Os feitos ocorren despois da segunda guerra mundial. Estos nenos teñen que convivir cun director que os maltrata psicoloxica e fisicamente (Rachin). Un día un novo profesor de música en paro ( Clément Mathie) comeza a traballar coma vixiante, ve que os nenos só queren un pouco de comprensión e cariño. Enton decide cambiar o anbiente do internado utlizando a música. Para elo forma un coro cos seus alumnos que os motivará e fará que mostren un gran interés, non só polo canto senon tamén polas demais materias. A través deste coro conseguirá tamén que a convivencia sexa máis sana e fará posible a realización de moitos dos soños dos nenos.
Esta historia pareceunos realmente bonita aínda que algo triste. A nosa recomendación é que a vexades.
Aquí tedes algúns fotogramas da mesma.
Buenísima película, la ví dos veces
ResponderEliminar