lunes, 11 de marzo de 2013

As nosas mascotas

Imos presentarvos as nosas mascotas.
Chámome Carlota e aquí tedes os meus cans. A ver se vos gustan.

                                                              Dani e laura
Eu son Uxía, aquí vos presento as miñas mascotas.

                                                                 Astor,  Aroma e o hámster Rayo


Hola, son Catuxa e teño un can que se chama Pancho. É moi listo e garda moi ben a casa.
 Tamén teño dous gatos chamados Blacki e Michi
                                         

lunes, 28 de enero de 2013

Una amistad inolvidable

Hoxe imosvos recomendar unha película que acabamos de ver en alternatva: ``Una amistad inolvidable´´
Argumento
Trátase dunha película francesa do 2007 escrita e dirixida por Luc Jacquet.
A protagonista é unha nena e unha raposa que entablan unha grande amistade. Ademáis aparecen numerosos animais salvaxe: lobos, aguias, ras, furóns... todo elo nunha paisaxe de montaña, moi fermosa.
A nena conseguiu o seu obxetivo de facerse amiga da raposa, a  base de moita paciencia e intelixencia, conseguindo descubrir onde se agochaba ela e os seus cachorros.
Ao longo da película, vanlle sucedendo unha serie de aventuras: A persecución pola neve da raposa que lle produce a rotura dun pé, a salvación da súa amiga do ataque dos lobos, as correrías coa raposa polo monte...
Opinión
Nós pensamos que esta película é moi interesante porque nos conciencia da necesidade de protexer a todo tipo de animais. Tamén, nós debemos amar a natureza do mesmo modo ca protagonista.

    
         

Aquí vos queda a película.Espero que vos guste:http://gnula.biz/ver/una-amistad-inolvidable.html

viernes, 11 de enero de 2013

Guía turística de Nadela

Nadela pertence a parroquía de San Xoán de Pena , a uns 7 km da capital (Lugo). É un importante nudo de comunicacións : C - 546 Nadela - Sarria , N- 6, autovía A - 6 saída / entrada 488.
http://www.pueblos-espana.org/galicia/lugo/nadela/mapa/

Entre os monumentos máis importantes temos a igrexa románica de San Xoán de Pena.






E como espazo natural a carballeira de Nadela que se utiliza como campo da feira na cal atópase o noso colexio.


Outros monumentos destacables son:

O cruceiro de Recimil
                                               O lavadeiro de San Xoán de Pena restaurado
Onde comer ou durmir?
O establecemento mais representativo de Nadela é a Casa Grande.
Esto é o que se di dela na sua páxina oficial:
 
 
A Casa Grande de Nadela é unha centenaria casa de labranza restaurada na que predomina a pedra e madeira como elementos principais da construción. Conservando elementos orixinais como o pozo, o forno de canteria e a pedra.
No que a instalacións se refire a casa dispón de cafetaría, restaurante á carta, salóns para banquetes, comedor privado (situado na lareira primitiva da casa) e hotel con 10 cuartos. Todo iso rodeado dun extenso terreo axardinado e a 5 minutos de Lugo.
O Restaurante conta con dous comedores con capacidade para 150 persoas, un grande salón para 300 persoas e unha carpa na parte posterior do terreo.
Todo o sabor da cociña tradicional combinado con tinguiduras modernas nun ambiente cálido directo.

       
Feira do entroido
Todos os anos polo entroido celébrase unha feira anual que ten moita fama na comarca. Nesta feira podemos mercar todo tipo de carne de porco, diversos productos do campo, así como variada repostería propia destas datas : filloas, orellas , roscas ...
Por suposto, despois de visitar os diferentes postos, podemos ir  a unha caseta  a  comer unhas racións de polbo con patacas do país.

Aquí tedes os carteis da última feira , a do 2012. Esperamos que vos animedes a vir este ano.Cando teñamos o programa xa volos poñeremos neste blog.