lunes, 28 de noviembre de 2011

Comentario sobre un libro de ¨Geronimo Stilton´´

Na biblioteca do colexio temos unha colección de libros sobre Geronimo Stilton,titulado ¡Menudo canguelo en el Kilimanjaro!

  



Antes de pasar a comentar este libro,vamos a presentar a Geronimo Stilton.É un tipo un pouco distraído,sempre coa cabeza nas nubes.Vive en Ratonia onde é xornalista pero a sua pasión é escribir historias cómicas e moi divertidas.

Este libro que vos comentamos trata do seguinte:
Era unha tarde fría de outubro , eu estaba colocando a última peza dun complicadísimo puzzle, cando de súpeto a mesa vibrou...e atopeime cun roedor supermúsculoso, supertonificado, superenérxico: era o meu amigo Hiena! Un instante despois  o calor do meu fogar era só unha lembranza. Eperábanme as perpetuas neves do Kilimanxaro!

Haber se vos gosta. A nós encantounos.

 Se queredes saber algo máis aquí vos van dous enlaces:

http://www.clubgeronimostilton.es/

http://www.destinojoven.com/                                           

25º Aniversario do CEIP do colexio Manuel Mallo Mallo

O 3 de xuño pasado, celebrouse no noso colexio o seu 25º aniversario. Aquí tedes as nosas impresións desa xornada.


Uns días antes desta xornada, os do meu colexio empezamos a facer carteis, debuxos, adornos...
Por fin o día chegou e todos ilusionados  ao tocar o timbre para as nosas clases fomos.
Ao cabo dun rato chamáronnos para ir a ver  un mago, como rimos con el! Despois dun breve descanso viñeron uns rapaces con xogos e colchonetas e pasámolo moi ben todos xuntos.
Cando acabaron os xogos xa case era hora de ir comer, subimos a clase a esperar e mentras tanto ían chegando os camareiros, cociñeiros, os pais,  as nais... para ir pasando a unha carpa xigante onde ían comer todas estas persoas e demais familiares dos nenos do colexio.
Houbo unha comida moi rica e de postre xeado!! 
Finalmente falou o alacalde e tamén a directora.
E xa para rematar a xogar todos, podíamos xogar coas colchonetas, polo patio, e andor por onde quixeramos.
Foi moi divertido!

                                                                                                        Catuxa, alumna de 5º





Según chegamos fomos como todos os días as nosas clases, ata que foron chegando os pais, tamén veu o alcalde e o conselleiro. O peor foi os discursos que tivemos que escoitar, bla, bla, blaaa...
Logo dese roio veu o mellor, as colchonetas! , había dúas. Tamén viñeron uns monitores para facer moitas cousas pero para mín o mellor foron as colchonetas, aínda que algúns ao principio non no pasaron nada ben.
Vouvos contar o que lles pasou a dúas nenas do colexio. A unha non lle gostan as alturas e tiña moito medo, e  outra non daba subido unha parede. Pero só ao principio porque despois todos as axudamos, e por fin conseguimos que lle pasara o medo e que poidera subir a parede.
En conclusión pasámolo FE- NO- ME- NAL!!

                                                                                                           Carlota, alumna de 5º


Aquí vos deixamos un enlace  http://www.edu.xunta.es/web/node/2692 da consellería de educación onde podédevos informar un pouco do que pasou naquela xornada.